lunes, 25 de abril de 2011

"Marela"

-“Tris Tras Tris,
petan as ponlas na fiestra,
Flis Flas Flis,
sopra o vento na eira,
Plis Plas Plis,
e pinta de cores marelas.”
Sempre que chegaba o outono a mamá de Mara recitáballe esta cantiga.
- Miña pequena ti naciches cando as árbores e os montes se visten das cores máis fermosas, por iso és así de linda.
Pero Mara non se vía linda, a cor da súa pel era distinta a de tódolos demáis nenos. Era vívida e brilante dun ton amarelo semellante ó dos limóns. Por esta razón todo o mundo deu en chamarlle “Marela”.
- Así chamanlle ás vacas - dicía ela con cara de enfurruñada.
Co outono chegou tamén o momento de volver ó cole e a Mara non lle gustaba ir  pois os outros nenos ríanse dela e non se lle querían achegar.